
Santiago, 5 de decembro de 2017– O CIFP Compostela pechou este medio día, cun acto oficial celebrado no centro de Lamas de Abade, o amplo ciclo de actividades programadas polo seu 50 aniversario, que comezaron o pasado mes de abril cunha inauguración comandada polo chef Martín Berasategui.
Para esta ocasión a escola de hostalería tamén contou coa presenza dun cociñeiro con estrela Michelin, pois o padriño da ceremonia foi Paco Roncero, o afamado cociñeiro de restaurantes coma Origen e Sublimotion. Ao acto de clausura tamén asistiron, amais da dirección, alumnos e achegados do centro; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez.
O director do centro, Ramiro Esparís, destacou ao longo da xornada a relevancia do ambicioso programa posto en marcha pola escola para conmemorar os seus 50 anos de vida, que fixo pasar polo centro a prestixiosos cociñeiros, investigadores e expertos en hostalería de todo o panorama nacional e internacional.
Ao longo da mañá sucedéronse, ademais, outros actos que axudaron a facer da clausura do 50 aniversario do CIFP Compostela unha festa, como unha cata comentada de queixos galegos con denominación de orixe, un showcooking sobre o cocido de Lalín impartido por Alberto González (Casa Currás), Alex Iglesias (restaurante Cabana) e Diego López (restaurante La Molinera), ou unha masterclass sobre café.
Recoñecemento dos medios ao CIFP Compostela polo seu 50 aniversario
Tras recoller a pasada semana un dos galardóns outorgados pola Cadena Ser nos premios SERenidade 2017, as actividades organizadas polo 50 aniversario do CIFP Compostela optan, desta vez, ao premio da categoría “del Comer” concedido pola revista especializada La Alacena Roja. As votacións para decidir quen será o galardoado estarán activas ata o vindeiro 8 de xuño na web desta publicación, que desvelará ao gañador o 11 de decembro.


Foto: Xoán A. Soler (La Voz)
Santiago, 24 de novembro de 2017– O CIFP Compostela pechou o ciclo de conferencias programadas polo seu 50 aniversario, que comezaron no mes de abril, cun coloquio celebrado onte no salón de actos do centro, e que versou sobre o código ético no xornalismo gastronómico do futuro.
Santiago, 14 de novembro de 2017– Esta mañá celebrouse un novo acto con motivo da celebración do 50 aniversariodo CIFP Compostela, desta vez, protagonizado polo recoñecido cociñeiro Iñaki Bretal. O chef, propietario do restaurante pontevedrés O Eirado da Leña e membro do Grupo Nove, levou a cabo un showcooking sobre unha das súas especialidades: a cociña con camelias, unha das plantas emblemáticas da nosa comunidade e con moitas posibilidades dentro do ámbito gastronómico.
Santiago, 7 de novembro de 2017– O CIFP Compostela continúa en novembro co seu ciclo de conferencias e showcookings, que levan realizándose durante todo o ano na escola de Lamas de Abade para celebrar o 50 aniversario do centro. Esta mañá tivo lugar unha nova conferencia, baixo e título de ‘Xeradores de opinión. Sobrevivindo aos algoritmos’, na que expertos de coñecidas empresas a nivel nacional e internacional como Mi Nube, Vivential Value ou Trust You, mostraron aos alumnos e asistentes os seus coñecementos en materia de reputación en liña.
Santiago, 24 de octubre de 2017– La escuela de formación profesional CIFP Compostela acogió esta mañana, con motivo del 50 aniversario del centro, una nueva conferencia; esta vez, sobre la influencia de la ciencia en la restauración y la importancia de la alimentación para la salud. Para ello, tres importantes científicos a nivel nacional han acudido al centro de Lamas de Abade donde, conducidos por el doctor y comunicador Ignacio Balboa, han explicado a los alumnos sus conocimientos sobre el tema y sus proyectos de investigación.
