Lucía Freitas

Santiago, 31 de outubro de 2017–  A chef compostelá Lucía Freitas foi unha das invitadas nos actos do 50 aniversario do CIFP Compostela, ao protagonizar esta mañá un showcooking no centro de Lamas de Abade. Para este evento, a cociñeira preparou para os alumnos e o resto de asistentes dous das súas sobremesas estrela, e que teñen unha importante presenza no seu restaurante: ‘Sobremesa do Chocolate’ e ‘La vie en Rose’.

Lucía Freitas, rexente de A Tafona Casa de Xantar e membro do Grupo Nove desde o ano 2015, levou a cabo o súa particular reinterpretación da repostería tradicional galega, un dos seus selos de identidade. Así, elaborou dúas das súas receitas insignia con produtos de base como o chocolate, o caramelo, os froitos vermellos ou as rosas, dunha maneira moi práctica e ilustrativa e co obxectivo de que os presentes aprendesen as diferentes técnicas que poden utilizar para conseguir bos resultados coas súas sobremesas.

Con este obxectivo, o de conseguir transmitir os máximos coñecementos posibles ao alumnado, a chef interactuou cun salón de actos co aforamento case completo. Ao evento asistiron, ademais dos alumnos de repostería e doutros módulos do propio CIFP Compostela e dos particulares externos ao centro que se inscribiron a través da web; uns corenta alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.

Próximos eventos

Os actos do 50 aniversario continuarán ata finais do mes de novembro. A seguinte cita programada é unha conferencia sobre xeradores de opinión na restauración, así como un showcooking sobre a cociña con camelias do chef do Grupo Nove Iñaki Bretal. A participación, tanto para as conferencias como para os showcookings programados, é gratuíta.