Clausura

escuela de hosteleria

5 de decembro >> 13 horas. Acto de clausura do 50 aniversario do CIFP Compostela.

Acto de clausura do 50 aniversario do CIFP Compostela, Escola de Hostalería de Lamas de Abade, coa presencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; a Subdirectora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, a dirección do centro e o cociñeiro con dobre estrela Michelin Paco Roncero.

Actividades e horario:

  • 10.00 RECEPCIÓN DE INVITADOS
  • 10.30 – 12.00 ACTIVIDADE DE CATA COMENTADA DE QUEIXOS GALEGOS CON D.O.P. (SALÓN DE ACTOS)
  • 12.15 – 14.00 SHOWCOOKING (I+D) “OUTRA VISIÓN DO COCIDO DE LALÍN”
    • Alberto González (Casa Currás)
    • Alex Iglesias (Restaurante Cabana)
    • Diego López (Restaurante La Molinera)
  • 12.30 – 14.00 MASTERCLASS CAFÉ, GUILLERMO GÓMEZ CAFETERÍA.
  • 13.00 RECEPCIÓN DE AUTORIDADES E VISITA AS INSTALACIÓNS
  • 14.15 CLAUSURA ( COMEDOR/RESTAURANTE)
  • 14.30 VIÑO ESPAÑOL ( COMEDOR/RESTAURANTE)

O chef con dobre estrela Michelin Paco Roncero, padriño do CIFP Compostela no acto de clausura do seu 50 aniversario

Santiago, 5 de decembro de 2017– O CIFP Compostela pechou este medio día, cun acto oficial celebrado no centro de Lamas de Abade, o amplo ciclo de actividades programadas polo seu 50 aniversario, que comezaron o pasado mes de abril cunha inauguración comandada polo chef Martín Berasategui.

Para esta ocasión a escola de hostalería tamén contou coa presenza dun cociñeiro con estrela Michelin, pois o padriño da ceremonia foi Paco Roncero, o afamado cociñeiro de restaurantes coma Origen e Sublimotion. Ao acto de clausura tamén asistiron, amais da dirección, alumnos e achegados do centro; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez.

O director do centro, Ramiro Esparís, destacou ao longo da xornada a relevancia do ambicioso programa posto en marcha pola escola para conmemorar os seus 50 anos de vida, que fixo pasar polo centro a prestixiosos cociñeiros, investigadores e expertos en hostalería de todo o panorama nacional e internacional.

Ao longo da mañá sucedéronse, ademais, outros actos que axudaron a facer da clausura do 50 aniversario do CIFP Compostela unha festa, como unha cata comentada de queixos galegos con denominación de orixe, un showcooking sobre o cocido de Lalín impartido por Alberto González (Casa Currás), Alex Iglesias (restaurante Cabana) e Diego López (restaurante La Molinera), ou unha masterclass sobre café.

Recoñecemento dos medios ao CIFP Compostela polo seu 50 aniversario

Tras recoller a pasada semana un dos galardóns outorgados pola Cadena Ser nos premios SERenidade 2017, as actividades organizadas polo 50 aniversario do CIFP Compostela optan, desta vez, ao premio da categoría “del Comer” concedido pola revista especializada La Alacena Roja. As votacións para decidir quen será o galardoado estarán activas ata o vindeiro 8 de xuño na web desta publicación, que desvelará ao gañador o 11 de decembro.