Mª del Carmen Martínez Rodríguez (Cangas del Narcea-Asturias 1961) é investigadora científica, directora do equipo de viticultura e xefa do Departamento de Viticultura e Forestal na Misión Biolóxica de Galicia (CSIC). Inicia a súa carreira científica no ano 1986. É autora de máis dun centenar de artigos científicos e unha decena de libros. Dirixiu numerosos proxectos de investigación e participou en múltiples programas e actividades de divulgación científica. Foi galardoada con varios premios entre os que destacan o premio Real Academia Galega das Ciencias 2009 e a súa elección como membro da Selección española da Ciencia 2016

Estará no CIFP Compostela o:

24 outubro>> De 10 a 12 horas ConCiencia na Restauración

  • Carmen Martínez. Proxectos de investigación vencellados á enogastronomía