Foto: Xoán A. Soler (La Voz)
Santiago, 27 de novembro de 2017– O CIFP Compostela rememora mañá, 28 de novembro, o 25 aniversario da participación da escola na Exposición Universal de Sevilla 1992, cun xantar conmemorativo que servirá de reencontro para antigos alumnos, mestres e empresarios da Asociación de Amigos da Cociña Galega.
O curso do 92 foi transcendental para a Escola de Lamas de Abade xa que, durante 6 meses, desprazou a alumnos e profesorado a Sevilla para facer prácticas no stand de Galicia da Exposición Universal, que xestionaba a Asociación de Amigos da Cociña Galega. Así, na cociña e o servizo do restaurante de Galicia traballaron profesionais dos restaurantes da asociación e alumnado da escola.
O xantar que desfrutarán os invitados do encontro de mañá, estará elaborado polos estudantes dos diferentes ciclos de hostalaría do CIFP Compostela.