Pepe Vieira, é o cociñeiro responsable dos fogóns de Pepe Vieira e Ultramar, integrante do Grupo Nove e posuidor de 1 estrela Michelin. Realiza os seus estudos na Escola de Hostalería de Vigo e Lamas de Abade en Santiago. A súa traxectoria profesional empeza en Canadá onde traballa nun negocio propiedade de amigos da familia. No seu regreso a Galicia, e coa colaboración do seu irmán como sumillier, deciden abrir ao público un restaurante na localidade de Sanxenxo, que leva como nome Pepe Vieira. En 2008, trasladan o restaurante a Poio onde, conseguirá a súa primeira estrela Michelin e dous soles na guía Repsol. Logo virá Ultramar, unha visión canalla de cociña internacional con toques galegos no Museo de Pontevedra en expansión.
Fuente: Grupo Nove: Pepe Vieira
Estará no CIFP Compostela o:
30 mayo >> De 10 a 12 horas O éxito empresarial en restauración. A figura do chef – emprendedor
- Pepe Vieira. Dos fogóns ó Excel: Ese camiño infernal. Os 7 motivos polos que non deberías montar un restaurante.