Como broche final o CIFP Compostela entregará premios a profesionais e personaxes destacados da súa historia. O xurado que outorgará os galardóns estará composto por docentes da escola e doutros centros de Galicia, dous cociñeiros de recoñecida traxectoria e profesionais dos medios especializados do sector.
- Premio á mellor traxectoria profesional dun exalumno
- Premio á mellor traxectoria empresarial dun exalumno
- Premio a toda unha vida como docente
- Premio á mellor traxectoria dun exalumno en activo
- Premio á traxectoria como cociñeiro
- Premio á traxectoria como repostería e pastelería
- Premio á traxectoria como xefe de sala
- Premio á traxectoria en coctelería
- Premio á traxectoria como barista
- Premio á traxectoria como sumiller
* Premios suxeitos a cambios