Raúl Jiménez fundou unha das máis innovadoras e prestixiosas empresas de nova creación en España no ano 2007. Co obxectivo de crear unha web e unha plataforma móbil onde os viaxeiros potenciais puidesen atopar inspiración para a súa próxima viaxe, Raúl conseguiu crear a maior comunidade de viaxeiros de fala hispana do mundo.
En 2016 foi condecorado coa Medalla ao Mérito Turístico á Innovación, outorgada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de España, pola súa visión global do negocio turístico e pola súa aposta polo turista dixital.
minube é unha comunidade de mais de 2 millóns de viaxeiros que comparten as súas experiencias nos mellores recunchos do mundo para axudar a outros viaxeiros para descubrir o seu próximo destino. Con 90 millóns de visitas ao ano e mais de 750.000 viaxes compartidas, a súa aplicacio?n para iOS e Android foi recoñecida durante varios an?vos consecutivos por Apple e Google, e é a primeira app española que, con más de 1 millón de descargas, pertence ao selecto grupo Editor´s Choice de Google. Ademais, no seu compromiso coa viaxe responsable, minube converteuse en Patrocinador Oficial do Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento 2017 en alianza coa OMT.
Estará no CIFP Compostela o:
7 novembro >> De 10 a 12 horas Xeradores de opinión. Sobrevivindo aos algoritmos
- Raúl Jiménez. CEO de Mi Nube. O futuro das opinións na restauración española.