Gonzalo Moreno de León é emprendedor e membro do equipo fundador de minube. Durante os 10 anos de minube, dirixiu diferentes departamentos, sendo na actualidade Chief Product Officer & Strategy Director.
Minube, que xa supera os 95 millóns de visitas ao ano, conta cunha comunidade de máis de 2.5 millóns de viaxeiros. Foi durante tres anos consecutivos recoñecida por Google Play como unha das mellores apps do ano, e é a primeira app española que pertence a Editor’s Choice de Google. Foi tamén recoñecida por Apple, no ano 2015, como unha das mellores apps españolas para iOS.
Minube é ademais Patrocinador Oficial do Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento 2017, en alianza coa OMT.
Estará no CIFP Compostela o:
7 novembro >> De 10 a 12 horas Xeradores de opinión. Sobrevivindo aos algoritmos
- Gonzalo Moreno de León. Chief Product Officer & Strategy Director de Mi Nube.