Carlos Maribona é xornalista e profesor da Universidade San Pablo CEU. Desenvolveu toda a súa carreira profesional no diario ABC, do que chegou a ser subdirector. Na actualidade é o crítico gastronómico do diario e columnista tamén en XL Semanal de Vocento.
O seu blog Salsa de chiles convertiríase no primeiro blog gastronómico español elaborado por un xornalista. Por esta labor, en 2002, recibiu o Premio Nacional de Gastronomía á mellor labor xornalística.
En 2015 foi de novo recoñecido polo xurado da Real Academia de Gastronomía, a Confraría da Boa Mesa e a Asociación de Amigos da Real Academia de Gastronomía. Ese mesmo ano, Carlos Maribona recibía por Salsa de chiles o Premio Nacional de Gastronomía 2015 á mellor publicación periódica online.
Estará no CIFP Compostela o:
23 novembro >> De 10 a 12 horas O Código ético no xornalismo gastronómico
- Carlos Maribona. Crítico gastronómico.