O centro integrado de formación profesional Compostela (CIFP Compostela) celebra este ano o seu 50 aniversario do seu nacemento, unha data que a escola quere conmemorar cun amplo e ambicioso calendario de actividades que sirvan para destacar os seus valores como un colexio pioneiro no ensino de hostalería e turismo en Galicia.
Os actos programados queren poñer en valor o importante labor do centro na profesionalización do sector con miles de alumnos formados nas súas aulas, ademais de dar a coñecer o alto nivel técnico do seu profesorado como garantía dunha formación axustada aos estándares de calidade e competitividade requiridos por un sector crave na economía galega.
Resaltar, como parte dos méritos acumulados pola escola, a presenza entre os alumnos dos seus cincuenta promociones de moitos profesionais que lograron estrela Michelin, empresarios e profesionais de recoñecido prestixio nacional e internacional.
Nacido en 1967, o centro foi a primeira e máis destacada referencia pedagóxica galega no campo da docencia gastronómica e de hostalería. Outros centros, tanto públicos como privados, chegaron bastantes anos despois.
O CIFP Compostela figura como un dos centros preferidos polo alumnado galego para formarse profesionalmente, feito avalado cada ano coa demanda de prazas nos diferentes ciclos formativos que se ofertan, ata cubrir preto das 1.100 prazas actuais, entre formación regrada e continua. Destas prazas, 671 alumnos cursan disciplinas relacionadas coa gastronomía, a restauración e o turismo, máis da metade, mulleres.
Desde os seus inicios en 1967, o CIFP Compostela foi referencia internacional para a formación hostaleira. Ao principio atraía sobre todo alumnado da maioría das comunidades de España, pero tamén era moi importante a presenza de estudantes provenientes de países do continente americano: México, Colombia, Perú e Arxentina. Hoxe en día seguen chegando alumnos de América e tamén de Europa.
Por este centro pasaron alumnos practicamente de toda España, sobre todo de Asturias, Castela-León, Cantabria, Euskadi e Canarias ata que nas respectivas Comunidades Autónomas foron creando centros de formación en hostalería.