Foto André Arzúa

André Arzúa é técnico en hostalería e turismo polo instituto Lamas de Abade, actual CIFP Compostela, no que se graduou en 1998; e especialista en xestión de restaurantes e cafeterías. Durante os seus estudos formouse en diferentes locais de referencia en Santiago de Compostela, como o Hotel San Francisco ou a cociña do Hostal dous Reis Católicos, e posteriormente foi encargado do restaurante “O 16”.

Desde o ano 2008 e ata o 2015 impartiu cursos de cociña en diferentes países como España, Suíza, Cuba, Bolivia ou Brasil. Publicou dous libro: “Cociña” e “Cociña II”, en 2007 e 2015, e traballou en diversos programas de televisión.

Na actualidade, Arzúa é propietario e xerente do restaurante A fábrica de Vilanova, en Allariz, e da súa liña de catering; traballo polo que recibiu diferentes recoñecementos. Tamén presenta o programa de cociña da Televisión de Galicia “A cociña de Andre”, en emisión diaria, e acaba de inaugurar Espazo Abella (www.espazoabella.com), un centro de formación e divulgación gastronómica para profesionais do sector que inclúe, ademais, un estudo para a gravación de programas.

Estará no CIFP Compostela o:

23 novembro >> De 10 a 12 horas O Código ético no xornalismo gastronómico

  • André Arzúa. Chef e propietario do restaurante A fábrica de Vilanova, presentador de televisión e xerente de Espazo Abella.