Begoña Alfaro, investigadora Senior en AZTI, desde 1997. Responsable do Laboratorio de Ciencias Sensoriais e do Consumidor en AZTI-Tecnalia desde 2014. Doutora en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade do País Vasco. Master de Márketing (1999-2000) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UPV. Realizou estancias como investigador en Reino Unido, Norwich (1996), MAFF,Ministery of Agriculture, Food and Fisheries. CSL. Food Science Laboratory Tamén foi Investigador colaborador en Suecia (Uppsala) (1998) na “National Food Administration”. Ampla experiencia no desenvolvemento de novas metodoloxías para estudar a percepción sensorial e o comportamento do consumidor. Traballou en numerosos proxectos nacionais e internacionais para a empresa e a Administración. Así mesmo é membro de diversas asociacións europeas e españolas da área de alimentación, entre outras, E3S Children Working Group, dentro E3S European Sensory Science Society, SAFE Consortium (European Association for Food Safety), membro de AEPAS “Asociación Española de Profesionais da Análise Sensorial” e participa na Plataforma Tecnolóxica Food for Life-Spain.

Estará no CIFP Compostela o:

24 outubro >> De 10 a 12 horas Conciencia na restauración

  • Begoña Alfaro. (Azti) A investigación na ciencia dos alimentos para mellorar a saúde