• O chef con dobre estrela Michelin Paco Roncero, padriño do CIFP Compostela no acto de clausura do seu 50 aniversario

    Santiago, 5 de decembro de 2017– O CIFP Compostela pechou este medio día, cun acto oficial celebrado no centro de Lamas de Abade, o amplo ciclo de actividades programadas polo seu 50 aniversario, que comezaron o pasado mes de abril cunha inauguración comandada polo chef Martín Berasategui.

    Para esta ocasión a escola de hostalería tamén contou coa presenza dun cociñeiro con estrela Michelin, pois o padriño da ceremonia foi Paco Roncero, o afamado cociñeiro de restaurantes coma Origen e Sublimotion. Ao acto de clausura tamén asistiron, amais da dirección, alumnos e achegados do centro; o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a Subdirectora Xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez.

    O director do centro, Ramiro Esparís, destacou ao longo da xornada a relevancia do ambicioso programa posto en marcha pola escola para conmemorar os seus 50 anos de vida, que fixo pasar polo centro a prestixiosos cociñeiros, investigadores e expertos en hostalería de todo o panorama nacional e internacional.

    Ao longo da mañá sucedéronse, ademais, outros actos que axudaron a facer da clausura do 50 aniversario do CIFP Compostela unha festa, como unha cata comentada de queixos galegos con denominación de orixe, un showcooking sobre o cocido de Lalín impartido por Alberto González (Casa Currás), Alex Iglesias (restaurante Cabana) e Diego López (restaurante La Molinera), ou unha masterclass sobre café.

    Recoñecemento dos medios ao CIFP Compostela polo seu 50 aniversario

    Tras recoller a pasada semana un dos galardóns outorgados pola Cadena Ser nos premios SERenidade 2017, as actividades organizadas polo 50 aniversario do CIFP Compostela optan, desta vez, ao premio da categoría “del ...

    Ler Máis
  • O CIFP Compostela, galardoado nos premios SERenidade polo seu 50 aniversario

    Foto-premio-SERenidade

    Santiago, 30 de noviembre de 2017– Hoxe é un día para estar orgullosos, xa que o Centro integrado de Formación Profesional Compostela, foi galardoado con un premio  SERenidade. Hoxe celébrase a gala da sexta edición deste galardón, que concede a Radio Galicia- Cadea SER, no Auditorio de Galicia. Con el, búscase recoñecer o papel e a contribución á sociedade de personalidades e institucións vinculadas a Galicia, e é por iso que nos honra atoparnos entre os galardornados deste 2017.

    Na atribución do premio que nos concede, a Cadea Ser destacou que “polas súas aulas pasaron ao longo de 50 anos, alumnos e alumnas de moitos puntos do estado español, xa que é un dos centro con máis renome entre os estudantes de hostalería”.

    Tamén desde a Cadea SER lembraron nosa longa traxectoria con numerosos alumnos condecorados e que, grazas á súa dedicación e esforzo, acumularon un gran éxito profesional e empresarial. Estes son testemuño do traballo constante e rigoroso que se desenvolve nas aulas da nosa formación profesional, e coa que tantos alumnos móstranse satisfeitos.  

    Pero non somos os únicos premiados na nosa querida cidade de Compostela. O Museo do Pobo Galego, por gardar a memoria de Galicia durante os seus 40 anos; o Grupo Breogán de Investigación de a USC, polo seu labor na investigación do cancro de mama; o Santiago Futsal, polas súas quince tempadas en primeira división; o Foro Galego de Inmigración, polo seu labor solidario; e os Premios  Galegos dá Música Martín Códax, por facer unha excelente maridaxe entre o mundo empresarial e o cultural; son outros dos galardoados. 

    Desde o centro queremos agradecer á Cadea Ser o ternos en conta para estes prestixiosos galardóns. Ademais, a todos os nosos alumnos, profesores, profesionais e empresas ...

    Ler Máis
  • O CIFP Compostela rememora o 25 aniversario da súa participación na Expo Sevilla 92 cun xantar conmemorativo

    25 expo sevillaFoto: Xoán A. Soler (La Voz) 

    Santiago, 27 de novembro de 2017– O CIFP Compostela rememora mañá, 28 de novembro,  o 25 aniversario da participación da escola na Exposición Universal de Sevilla 1992, cun xantar conmemorativo que servirá de reencontro para antigos alumnos, mestres e empresarios da Asociación de Amigos da Cociña Galega.

    O curso do 92 foi transcendental para a Escola de Lamas de Abade xa que, durante 6 meses, desprazou a alumnos e profesorado a Sevilla para facer prácticas no stand de Galicia da Exposición Universal, que xestionaba a Asociación de Amigos da Cociña Galega. Así, na cociña e o servizo do restaurante de Galicia  traballaron profesionais dos restaurantes da asociación e alumnado da escola.

    O xantar que desfrutarán os invitados do encontro de mañá, estará elaborado polos estudantes dos diferentes ciclos de hostalaría do CIFP Compostela.

    Ler Máis
  • O CIFP Compostela pecha o ciclo de conferencias do seu 50 aniversario falando sobre a ética no xornalismo gastronómico

    Xornalismo gastronómico Santiago, 24 de novembro de 2017– O CIFP Compostela pechou o ciclo de conferencias programadas polo seu 50 aniversario, que comezaron no mes de abril, cun coloquio celebrado onte no salón de actos do centro,  e que versou sobre o código ético no xornalismo gastronómico do futuro.

    A conferencia, que moderou o coñecido presentador do telexornal da Televisión de Galicia Carlos Macía; tivo como protagonistas a 3 persoeiros destacados no mundo da comunicación gastronómica: Carlos Maribona, crítico gastronómico para ABC e autor dun dos blogues máis importantes do país, Salsa de Chiles; Miguel Vila, director da revista gastronómica BenBo e autor do blogue Colineta; e André Arzúa, propietario do restaurante A Fábrica de Vilanova, cociñeiro no programa da TVG A Cociña de André e creador do Espazo Abella, un lugar pensado para a formación de chefs profesionais.

    As actividades non rematan

    Pese a pechar con este evento o ciclo de conferencias, as actividades do 50 aniversario do CIFP Compostela aínda non remataron. O vindeiro martes 28 celebrarase no centro, co gallo da conmemoración dos 25 anos da Expo de Sevilla 92, un xantar de confraternidade coa asociación Amigos da Cociña Galega, coa que colaboraron alumnos da escola no restaurante do pavillón de Galicia desta Exposición Universal.

    Tamén está programado, para principios de decembro, o acto de clausura das actividades do 50 aniversario, no que se celebrarán degustacións especiais,showcookings e masterclass para o desfrute dos alumnos e o resto de asistentes. 

    Ler Máis
  • Showcooking sobre a cociña con camelias no CIFP Compostela da man do cociñeiro do Grupo Nove Iñaki Bretal

    BretalSantiago, 14 de novembro de 2017– Esta mañá celebrouse un novo acto con motivo da celebración do 50 aniversariodo CIFP Compostela, desta vez, protagonizado polo recoñecido cociñeiro Iñaki Bretal. O chef, propietario do restaurante pontevedrés O Eirado da Leña e membro do Grupo Nove, levou a cabo un showcooking sobre unha das súas especialidades: a cociña con camelias, unha das plantas emblemáticas da nosa comunidade e con moitas posibilidades dentro do ámbito gastronómico.

    Durante o showcooking, que se celebrou na aula de I+D+i da escola de Lamas de Abate, o cociñeiro transmiu os seus coñecementos aos asistentes a través da preparación de diferentes pratos: un peixe, unha carne e un postre, todos eles coa camelia como base. Para a súa elaboración, Bretal utilizou diferentes partes da pranta, como o aceite de camelia, o té, as follas ou as propias flores.

    Ademais, durante a súa demostración o chef do Grupo Nove ensinoulle aos alumnos como utilizar na cociña diferentes variedades desta flor, como a Sinensis, a Japónica ou a Sasanqua.

    Próximos eventos

    Os actos do 50 aniversario continuarán ata finais do mes de novembro. A seguinte e última cita programada será unha conferencia sobre xornalismo gastronómico, na que estarán presentes o crítico gastronómico Carlos Maribona, o xornalista Miguel Vila e o cociñeiro da tvg André Arzúa. A participación, tanto para as conferencias como para os showcookings programados, é gratuíta.

    Ler Máis
  • Tres expertos en reputación online analizan as claves do éxito no 50 aniversario do CIFP Compostela

    Xeradores opinión Santiago, 7 de novembro de 2017– O CIFP Compostela continúa en novembro co seu ciclo de conferencias e showcookings, que levan realizándose durante todo o ano na escola de Lamas de Abade para celebrar o 50 aniversario do centro.  Esta mañá tivo lugar unha nova conferencia, baixo e título de ‘Xeradores de opinión. Sobrevivindo aos algoritmos’, na que expertos de coñecidas empresas a nivel nacional e internacional como Mi Nube, Vivential Value ou Trust You, mostraron aos alumnos e asistentes os seus coñecementos en materia de reputación en liña.

    Gonzalo Moreno de León, Chief Product Officer & Strategy Director da coñecida app de viaxes Mi Nube, falou para os presentes sobre o futuro das opinións na restauración española, facendo un repaso desde o punto de vista da súa empresa do panorama actual que presenta o sector e dos retos que están aínda por abordar.

    Rafael González, fundador e socio director en Vivential Value, unha compañía pioneira nos estudos de reputación turística, expuxo na súa conferencia os segredos da reputación en 360º: opinións online, big data e competitividade na hostalería e o turismo.

    Por último Gastón Richter, Director Enterprise Sales para España, Portugal e Brasil de TrustYou, empresa punteira no deseño de novas tecnoloxías para facilitar a xestión da reputación; presentou algunhas das súas ferramentas de referencia e explicou como aproveitar a reputación en liña para impulsar os negocios hostaleiros.

    Próximos eventos

    Os actos do 50 aniversario continuarán ata finais do mes de novembro. A seguinte cita programada será un showcooking sobre a cociña con camelias do chef do Grupo Nove Iñaki Bretal. A participación, tanto para as conferencias como para os showcookings programados, é gratuíta, previa inscrición na webhttps://50cifpcompostela.com/gl/.

    Ler Máis
  • A chef santiaguesa Lucía Freitas elaborou algúns dos seus postres emblemáticos para os alumnos do CIFP Compostela

    Lucía Freitas

    Santiago, 31 de outubro de 2017–  A chef compostelá Lucía Freitas foi unha das invitadas nos actos do 50 aniversario do CIFP Compostela, ao protagonizar esta mañá un showcooking no centro de Lamas de Abade. Para este evento, a cociñeira preparou para os alumnos e o resto de asistentes dous das súas sobremesas estrela, e que teñen unha importante presenza no seu restaurante: ‘Sobremesa do Chocolate’ e ‘La vie en Rose’.

    Lucía Freitas, rexente de A Tafona Casa de Xantar e membro do Grupo Nove desde o ano 2015, levou a cabo o súa particular reinterpretación da repostería tradicional galega, un dos seus selos de identidade. Así, elaborou dúas das súas receitas insignia con produtos de base como o chocolate, o caramelo, os froitos vermellos ou as rosas, dunha maneira moi práctica e ilustrativa e co obxectivo de que os presentes aprendesen as diferentes técnicas que poden utilizar para conseguir bos resultados coas súas sobremesas.

    Con este obxectivo, o de conseguir transmitir os máximos coñecementos posibles ao alumnado, a chef interactuou cun salón de actos co aforamento case completo. Ao evento asistiron, ademais dos alumnos de repostería e doutros módulos do propio CIFP Compostela e dos particulares externos ao centro que se inscribiron a través da web; uns corenta alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo.

    Próximos eventos

    Os actos do 50 aniversario continuarán ata finais do mes de novembro. A seguinte cita programada é unha conferencia sobre xeradores de opinión na restauración, así como un showcooking sobre a cociña con camelias do chef do Grupo Nove Iñaki Bretal. A participación, tanto para as conferencias como para os showcookings programados, é gratuíta.

     

    Ler Máis
  • Científicos e investigadores nacionales analizan la importancia de la alimentación para la salud en el CIFP Compostela

    ConcienciaSantiago, 24 de octubre de 2017– La escuela de formación  profesional CIFP Compostela acogió esta mañana, con motivo del 50 aniversario del centro, una nueva conferencia; esta vez, sobre la influencia de la ciencia en la restauración y la importancia de la alimentación para la salud. Para ello, tres importantes científicos a nivel nacional han acudido al centro de Lamas de Abade donde, conducidos por el doctor y comunicador Ignacio Balboa, han explicado a los alumnos sus conocimientos sobre el tema y sus proyectos de investigación.

    Begoña Alfaro, miembro de la unidad de investigación alimentaria del centro AZTI de Bilbao, relacionó la ciencia y la gastronomía como aliados para una alimentación saludable. Habló de las labores de creación de nuevos productos alimentarios a los que se dedican en su centro, nutritivos, saludables y atractivos para los consumidores; y de los diferentes estudios realizados en centros escolares y con pacientes de cáncer del País Vasco para encontrar aquello que a los consumidores les gusta comer.

    Carmen Martínez, directora del grupo de viticultura de la Misión Biológica de Galicia (CSIC), habló de la diversidad del vino y su consideración como un recurso saludable y de  gran interés gastronómico. Explicó a los alumnos las peculiaridades de las diferentes variedades de uva españolas y gallegas, y los beneficios de explotar estos productos yendo más allá del vino: con consumos en seco o pasificados, en zumos, mostos o incluso con preparaciones a partir de la hoja de la vid.

    Por último Carlos Spuch, neurólogo y científico en el Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur y el hospital Álvaro Cunqueiro, habló de las enfermedades neurológicas y su relación con la alimentación.  Explicó que no existe ningún alimento malo, ...

    Ler Máis
  • As innovacións tecnolóxicas no ámbito da cociña, analizadas por tres expertos nacionais no CIFP Compostela

    Tecnoloxía e cociña

    Santiago, 10 de outubro de 2017– O salón de actos do CIFP Compostela acolleu, esta mañá, a primeira das conferencias da segunda fase de eventos programados con motivo do 50 aniversario do centro. Mais dun centenar de persoas, que se inscribiron previamente para asistir ao coloquio, déronse cita para escoitar a tres dos máis importantes expertos nacionais sobre novas tecnoloxías no ámbito da cociña.

    José Ramón Tramoyeres, que realizou a primeira impresión 3D en España no ano 2012,  falou sobre o seu traballo en food design coa empresa ggarchitect, a través de exemplos da súa colaboración con cociñeiros como Paco Morales e Quique Dacosta. O experto explicou para os presentes casos prácticos de aplicación de tecnoloxías de deseño e fabricación dixital en food design, aplicado a todas as escalas, desde a impresión 3D de alimentos ao deseño de espazos gastronómicos.

    David López Gamero, fundador de Fooday.es e experto en asesoramento e desenvolvemento tecnolóxico para restaurantes que traballou durante 15 anos para El Bulli, explicou como axudar ás empresas do sector a reinventarse para ser máis eficientes a través de exemplos reais, e ofreceu a todos as presentes recomendacións sobre o uso das novas tecnoloxías no mundo da xestión en restauración.

    Por último, Javier García Madruga tratou o tema das revolucións tecnolóxicas no ámbito da alimentación a través de diferentes casos prácticos, unha materia na que é un recoñecido experto grazas ao seu traballo como Business Development Manager na empresa Reimagine Food, que conecta a startups, emprendedores, foodies, chefs e marcas internacionais.

    Os actos do 50 aniversario continuarán ata o mes de novembro. A seguinte cita do programa será un relatorio sobre a ciencia na restauración, onde falarán reputados científicos, médicos e ...

    Ler Máis
  • Os cociñeiros Sergi Arola, Pepe Vieira e Iago Pazos analizan a figura do chef emprendedor

    Sergi Arola, Pepe Vieira e Iago Pazos foron os protagonistas dunha xornada para falar sobre “O éxito empresarial na restauración. A figura do chef emprendedor”. O salón de actos do CIFP Compostela recibiu a estes tres referentes da cociña a nivel nacional e internacional dentro do programa de actividades organizada co gallo do seu 50 aniversario.

    O chef Sergi Arola, discípulo de Ferrán Adrià, está considerado un referente da cociña española tralo seu paso polos principais laboratorios de cociña creativa. O cociñeiro, quen foi o primeiro chef en recibir dúas estrelas Michelin na mesma edición da guía, falou da “Marca persoal en restauración”. O seu estilo, baseado “na fusión das tradicións locais, os sabores coñecidos e a imaxinativa posta en escena” e a súa aposta por unha experiencia “divertida e sorprendente arredor da boa mesa” na que conflúen receitas orixinais da cociña española e catalá e a presenza “delicada” da alta gastronomía.

    Pepe Vieira, responsable do restaurante Pepe Vieira e Ultramar e integrante do Grupo Nove, foi outro dos ponentes. O cociñeiro galego falou da dificultade de atopar unha “idea clara e definida” para montar un negocio de restauración. O cociñeiro falou da importancia de coñecer ao público ao que se quere chegar, onde está e cal é o plan de empresa, e tamén das grandes dificultades ás que todo chef emprendedor debe facer fronte. A pesar dos atrancos, Pepe Vieira recoñeceu a enorme satisfacción que aporta persoal e profesionalmente ter un negocio onde, ademais da figura do cociñeiro, é fundamental “rodearse dun bo equipo”.  

     Iago Pazos realizou un repaso pola traxectoria de Abastos 2.0, que comezou a súa andaina no ano 2009 no Mercado de Abastos de Compostela. Pazos falou do ...

    Ler Máis

Descargas:

pdf fileDossier prensa en galego
pdf fileDossier prensa en castellano

Galería de fotos: