Gastón Richter

Gastón Richter é un profesional con máis de 20 anos de experiencia no mundo do turismo e a industria das viaxes. Experto na xestión de proxectos e equipos relacionados co comercio electrónico, é nativo en español e alemán, e fala con fluidez inglés e portugués. Desde o ano 2015, é Director Enterprise Sales para España, Portugal e Brasil en TrustYou, unha plataforma que busca mellorar as experiencias dos viaxeiros e que se converteu na rede de feedback cos clientes máis grande do mundo.

Ademáis, Richter é especialista no desenvolvemento de estratexias de negocio para a industria das viaxes, en desenvolvemento de negocios en liña para novos mercados, medios e canles; en liderado de equipos e experiencia de xestión internacional; en xestión de produtos, campañas de márketing e estratexias de venda minorista na contorna dixital e na xestión de ingresos hostaleiros e de reputación en liña.

Estará no CIFP Compostela o:

7 novembro >> De 10 a 12 horas Xeradores de opinión. Sobrevivindo aos algoritmos

  • Gastón Richter. Director Enterprise Sales da empresa TrustYou para España, Portugal e Brasil.